Galicia pecha o primeiro trimestre cun déficit de 65 millóns, un 0,12% do PIB

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 16 mayo 2013 15:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA/MADRID 16 May. (EUROPA PRESS) -

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano cun déficit de 65 millóns de euros, o que equivale ao 0,12% do PIB, de acordo cos datos feitos públicos este xoves polo Ministerio de Facenda.

En total, nove comunidades rexistraron déficit até marzo e as outras oito pecharon con superávit. En conxunto presentan uns números vermellos do 0,12 por cento.

As deficitarias son Navarra (-1,06), Murcia (-0,4), Castela e León (-0,28), Andalucía (-0,26), Madrid (-0,25), Cataluña (-0,21), Aragón (-0,18), Galicia (-0,12) e Canarias (-0,03).

O resto presenta cifras en positivo. Trátase da Rioxa (0,6), Comunidade Valenciana (0,33), Asturias (0,22), Cantabria (0,21), País Vasco (0,14), Castela-A Mancha (0,09), Illas Baleares (0,04) e Estremadura (0,03).

En total, as comunidades presentan un déficit respecto de 1.235 millóns de euros, o 0,12 por cento respecto ao PIB. O obxectivo inicial previsto para este exercicio, co que todas elaboraron os seus orzamentos, é o 0,7 por cento, pero Facenda ampliarao até o 1,2.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado