Galicia rexistrou 2.200 accidentes laborais en novembro

Trabajador de la construcción
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 21 diciembre 2014 17:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Dic. (EUROPA PRESS) -

   O total de accidentes laborais rexistrados en xornada de traballo en Galicia en novembro de 2014 aumentou un 13,66% ao situarse nos 2.205 sinistros fronte aos 1.940 do pasado exercicio.

   Diso informou a Consellería de Traballo e Benestar nun comunicado, no que precisou que no total de accidentes, 2.164 foron leves, 37 graves e catro mortais.

   O comportamento dos sectores non foi uniforme. Así, diminuíron os accidentes na agricultura nun 8,94%, aumentando nas demais áreas, como na de pesca (+4,17%), nos servizos (+11,47%), na industria (19,50%), e na construción (25,10%).

   O departamento que dirixe Beatriz Mato explicou que para ter unha visión precisa da sinestralidade laboral se utiliza o índice de incidente, que compara o número de accidentes co número de traballadores con continxencias profesionais cubertas.

   O índice de incidente do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia aumentou un 12,59% en novembro deste ano respecto ao mesmo mes de 2013. Por sectores, diminuíu na agricultura nun 7,14%. Fronte a iso, aumentou na pesca nun 7,56%, nos servizos nun 9,49%, na industria nun 20,20% e na construción nun 26,09%.

ACCIDENTES ACUMULADOS ATA NOVEMBRO

   A sinestralidade laboral aumentou nun 3,40% ata novembro deste ano, cun total de 21.501 accidentes laborais fronte aos 20.794 no mesmo período de 2013.

   Agás en Pontevedra, este aumento deuse en todas as provincias. Así, aumentaron en A Coruña nun 6,9%, en Lugo nun 11,22%, e en Ourense nun 5,91%. En Pontevedra descenderon nun 4,54%.