Galicia rexistrou un total de 1990 raios na xornada do sábado

Tormenta, relámpago, rayo
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 14 septiembre 2014 18:44
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Galicia rexistrou un total de 1990 raios na xornada do sábado, dos cales a maioría tiveron lugar na provincia de Lugo e durante a tarde, segundo explicaron a Europa Press fontes de MeteoGalicia.

   Aínda que os primeiros raios comezaron xa durante a madrugada do sábado, dende as 14,00 horas ás 20,00 horas foi o período no que máis fenómenos deste tipo se produciron.

   As mesmas fontes precisaron que esta grande afluencia de raios na Comunidade se rexistrou, aínda que en menor medida, tamén na xornada do domingo, xa que ata o medio día xa se detectaron máis de 220.