Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 07/02/2010 13:18

Galicia situouse en xaneiro entre as comunidades que menos ven a televisión, con 233 minutos ao día

   Galicia colocouse entre as comunidades nas que os seus habitantes menos viron a televisión con 233 minutos durante o mes de xaneiro, mentres que a media no conxunto de España se elevou a 261 minutos ao día, segundo un informe de Barlovento Comunicación con datos de Kantar Media (antes TNSofres).

   Segundo explicaron fontes da consultora a Europa Press, dende que Sofres comezou a medir a audiencia das televisións en 1992, o consumo de 'tele' estas primeiras semanas de 2010 marca un máximo, por diante dos 254 minutos de xaneiro de 2009 e os 251 minutos de decembro de 2009, que ata agora eran os meses con maior consumo de televisión na historia.

   Por comunidades autónomas, as rexións con maior consumo diario de televisión foron Aragón (291 minutos), Andalucía (276 minutos), Valencia (267 minutos), Castilla-La Mancha (267 minutos), Cataluña (265 minutos) e Baleares (264 minutos).

   Mentres, as comunidades que menos viron a televisión foron o País Vasco (259 minutos), Murcia (252 minutos), Madrid (249 minutos), Asturias (247 minutos), Canarias (236 minutos), e Galicia (233 minutos).

   Por último, atendendo ao tipo de persoa que vai a televisión, son as mulleres e maiores de 45 anos os que máis tempo pasaron diante do televisor o mes pasado.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.