59,34 euros por galego para o sorteo de Nadal

Administración de Lotería
Foto: LOTERÍA CASTILLO
Actualizado: sábado, 20 diciembre 2014 15:21

O gasto medio por galego en 2013 situouse en 48,15 euros

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Dic. (EUROPA PRESS) -

   A Comunidade galega ten consignados 59,34 euros por habitante para o sorteo extraordinario de Lotaría de Nadal que se celebrará o próximo luns, día 22 de decembro, segundo os datos de Lotarías e Apostas do Estado, que sinalan que, en total, Galicia ten asignados 164.122.800 euros --820.614 billetes--.

   Por provincias, a de A Coruña é a que ten unha maior consignación, con 69,58 euros por habitante e un total de 79.190.600 euros asignados --395.953 billetes--. En segundo lugar sitúase Lugo, con 65,08 euros por persoa e 22.517.800 euros --112.589 billetes--.

   Para cada habitante da provincia de Pontevedra Loterías e Apostas do Estado consignou 51,02 euros, o que supón un total de 243.654 billetes e 48.730.800 euros. O último lugar ocúpao Ourense, con 41,88 euros por habitante asignados, é dicir, 13.683.600 euros --68.418 billetes--.

   En concreto, ata 2013 o primeiro premio deste sorteo extraordinario, coñecido como 'O Gordo tocou en cinco localidades de A Coruña -- A Coruña, Carballo, Ferrol, Rianxo, Santiago--, en dous de Lugo --Lugo e Meira--, en tres de Pontevedra --Pontevedra, O Rosal e Vigo -- e nunha de Ourense --Allariz--.

VENDAS EN 2013

   Lotarías e Apostas do Estado tamén informou de que en Galicia, a venda de lotaría para o sorteo extraordinario de Nadal de 2013 se situou nunha media de 48,15 por habitante. Así, en total vendéronse 669.631 billetes, alcanzando os 133.926.340 euros.

   A Coruña foi a provincia na que máis gastaron os habitantes en lotaría 55,03 euros, con 62.948.460 euros facturados en total. En segundo lugar situouse Lugo, con 52,74 euros por persoa, ata un total de 18.400.860 euros na provincia.

   En terceiro lugar está Pontevedra, con 42,20 euros por veciño e 40.448.900 euros. Por último, cada ourensano gastou unha media de 36,72 euros, ata un total 40.448.900 euros en toda a provincia.

SORTEO

   O Sorteo Extraordinario de Nadal 2014, que se celebra o luns en Madrid, consta de 160 series de 100.000 números cada unha, sendo o total da emisión de 3.200 millóns de euros, repartíndose en premios o 70% da emisión, é dicir, 2.240 millóns de euros.

   O Premio Gordo será de 640 millóns de euros (4 millóns de eurospor serie). O Segundo Premio repartirá 200 millóns de euros(1.250.000 euros por serie) e o Terceiro Premio 80 millóns de euros(500.000 euros por serie).

   Ademais, o prezo do décimo é de 20 euros e o do billete de 200 euros. Na totalidade do Sorteo repártense 24.486.400 premios.