Galiza Nova denuncia sancións "inxustas e represivas" a oito mozos por repartir folletos da folga contra a LOMCE

Vigo Galiza Nova Sanciones
EUROPA PRESS/REMITIDO
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 18 junio 2013 16:53

VIGO 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova denunciou este martes a apertura dun proceso sancionador "inxusto e represivo" contra oito mozos que foron amoestados por repartir folletos informativos durante a folga estudantil contra a LOMCE de maio de 2012.

Segundo explicou o responsable da organización, Alberte Mera, os oito mozos foron identificados pola Policía Nacional cando se atopaban repartindo folletos na parada do autobús de Praza de América. Os mozos foron denunciados ante a subdelegación del Gobierno e impúxoselles unha multa de 360 euros a cada un.

Mera sinalou que, ao contrario do que reflicte a resolución sancionadora, estas persoas non estaban a participar nunha manifestación non comunicada "nin se produciron desordes públicas", senón que estaban a exercer un "dereito fundamental" nunha xornada de folga.

Así mesmo, Galiza Nova precisou que a maioría dos participantes nesta repartición "non pisaron a estrada, senón que se mantiveron na beirarrúa informando os estudantes". Tamén criticou que o proceso de identificación dos mozos se alongou "con clara intención de impedir que continuasen informando da xornada de folga".

Finalmente, concluíu que as sancións son un "castigo ejemplarizante contra quen informa ou protesta contra o roubo dos dereitos e contra o ataque ao ensino público".

Contenido patrocinado