A Garda Civil imputa a dous veciños de O Morrazo e intervenlles case 100 quilos de vieira ilegal

Vieiras intervenidas en Moaña (Pontevedra)g
GUARDIA CIVIL
Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 22 mayo 2013 19:29

VIGO 22 May. (EUROPA PRESS) -

A Garda Civil imputou a dous pescadores furtivos, un veciño de Moaña, F.J.R.S., e outro de Cangas, J.A.G.V., ambos os dous de 30 anos de idade, que foron sorprendidos cando sacaban 93 quilos de vieira do mar nunha das praias de Moaña (Pontevedra).

Unha patrulla do Seprona viu estes dous homes sacando o marisco, 208 vieiras, e procedeuse á súa identificación, segundo informou o Instituto Armado.

Ante a falta da correspondente autorización para a extracción das vieiras, instruíuse unha acta por infracción administrativa, que foi remitida á administración autonómica, pola pesca en época de veda preventiva e sen permiso.

Os axentes incautáronse do marisco e dos traxes de neoprenos utilizados polos dous imputados. As vieiras foron devoltas ao mar, agás algúns exemplares que foron remitidos ao Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio para a súa análise, que deu positivo en toxicidade.

As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución número 2 de Cangas, onde se terán que presentar os imputados cando sexan requiridos pola autoridade xudicial.

Contenido patrocinado