Garzón

Unha trintena de persoas concéntranse en Lugo en protesta pola inhabilitación do xuíz

LUGO, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Máis dunha trintena de persoas concentráronse dende as 18.00 horas deste xoves na Praza Maior de Lugo, ante a casa do concello, para protestar contra a inhabilitación do xuíz Baltasar Garzón polo caso das escoitas na trama Gürtel.

   Os asistentes colocaron pancartas no chan con lemas como: "Garzón si, TS non". Un dos concentrados, que actuou como voceiro improvisado, Senén Olano, indicou que son "un grupo de cidadáns" que "só" queren ser escoitados ante a "inxustiza" que se cometeu co xuíz da Audiencia Nacional, condenado a once anos de inhabilitación por prevaricación nas escoitas aos avogados que defenden aos imputados na Gürtel.

   Este grupo de persoas indicou que non descartan repetir as mobilizacións, co fin de manifestar o seu apoio ao xuíz neste e nos outros procesos aínda en marcha contra el.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.