senón condicións de "eficacia"

Guerra subliña que a Xunta non pide "un réxime especial" para as primas eólicas

Guerra Pymar
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO

VIGO, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, subliñou este venres que a Xunta non pide "un réxime especial" para as primas eólicas no caso galego e que non fala de "condicións especiais, senón de eficiencia e eficacia".

   "Non pedimos un réxime especial para Galicia; cremos que a enerxía eólica a prezo de mercado pode ter un nivel suficiente de rendibilidade", esgrimiu, en declaracións aos medios, tras transcender o rexeitamento do Ministerio de Industria a que haxa diferenzas de trato entre comunidades, para engadir que isto "non cambia nada" porque a Xunta presenta unha proposta global.

   Un día despois de que o Congreso haxa convalidado a moratoria ás renovables e de que o ministro José Manuel Soria explicase que o país "non se pode permitir agora" as primas, Guerra insistiu en que o Goberno autonómico "non pensaba que se fose cambiar da noite á mañá".

   "Pero falamos a mesma linguaxe e agora ábrese un momento para parar e ver", apostilou o conselleiro. Neste sentido, Soria comprometeuse este luns co presidente Alberto Núñez Feijóo a estudar as propostas que realizou a comunidade para manter as primas aos parques eólicos máis eficientes.

   En concreto, a Xunta propuxo establecer, a nivel nacional, un réxime específico para aqueles parques "eficientes" que contan con máis de 2.500 horas de vento, de forma que recibisen o 70 por cento da prima os inscritos en 2012 e o 50 por cento os que se creen en 2013.

   Ademais, o Executivo autonómico pediu ao Goberno central que "garanta a percepción" dunha estimación da evolución do prezo de mercado da enerxía durante a vida útil do parque, aproximadamente duns 20 anos.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.