Hernández nega "ningún tipo de facturas no caixón" e asegura que a Xunta "paga mellor que o Goberno de España"

Agustín Hernández Haciendo Declaraciones (Primer Plano)
PHOTOGRAPHER: XOAN CRESPO
Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 27 mayo 2012 19:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 May. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, negou que a Xunta teña "ningún tipo de facturas no caixón" e ata chegou a asegurar que "paga mellor que o Goberno de España". "A Xunta é, sen dúbida, a Administración autonómica que mellor paga de España", ha aseverado.

Nunha entrevista na cadea Ser recollida por Europa Press, o titular do departamento autonómico encargado das obras na comunidade considerou que o secretario do PSdeG, Pachi Vázquez, demostrou "insolvencia, pouco rigor e irresponsabilidade" esta semana no Parlamento, ao acusar o Goberno galego de "trampear" o déficit mediante o peche da contabilidade a 30 de setembro.

"O señor Vázquez sabe perfectamente que é unha medida habitual da Xunta emitir e tramitar conforme a dereito unha orde de peche que o único que produce é unha ordenación das medidas para contabilizar os diferentes gastos que se producen ao final dun exercicio presupostario", alegou.

Neste sentido, Hernández asegurou carecer de "facturas no caixón", algo que contrastou con "actuacións" do Goberno bipartito que el, segundo dixo, tivo "oportunidade de contemplar", relativas a "compromisos sen ningún tipo de acreditación por parte da intervención ou contabilidade da Xunta". "Nós, o que executamos, o certificamos e o pagamos", remachou.

Mesmo, o conselleiro de Infraestruturas responsabilizou a socialistas e nacionalistas de deixar "obras de emerxencia sen contabilizar, sen documentos contables ou asinadas sen pasar polos informes preceptivos e sen dotar presupostariamente".

RECORTES

Por outra banda, cuestionado por recortes en materia de infraestruturas, o conselleiro reivindicou a política "de aforro" impulsada polos populares dende 2009, "grazas" á que "agora" se poden poñer en servizo novas vías de alta capacidade.

Malia admitir "ralentización" nas obras, Agustín Hernández valorou que o "rigor" e a "austeridade" están a "dar os seus froitos" nestes momentos". "Permitindo que Galicia sexa unha excepción neses recortes brutais" entre os que citou á Comunidade andaluza.

LEI DE VIVENDA

Por último, en canto á tramitación parlamentaria da Lei de vivenda, o titular de Territorio defendeu que a intención do seu departamento é aprobar unha norma "atemporal" que integre as sensibilidades de "tódolos sectores implicados" e as achegas da oposición.

En canto á rebaixa das sancións, que os grupos do PSdeG e BNG criticaron na Cámara galega, chamou a atención sobre que Galicia está "aínda no pelotón de autonomías que sancionan con importes maiores" e atribuíu os cambios á "homologación" e "axuste" co resto de comunidades.

Contenido patrocinado