Un home resulta ferido nun barco preto de Marín (Pontevedra) ao caer dende uns cinco metros de altura

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 13 mayo 2008 22:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA 13 May. (EUROPA PRESS) -

Un home de 47 anos de idade resultou hoxe ferido nun accidente laboral rexistrado a bordo dunha draga --embarcación que se emprega para limpar o fondo de ríos, portos e zonas navegables-- situada a uns 200 metros do Porto de Marín (Pontevedra) ao sufrir unha caída dende uns cinco metros de altura.

O sinistro tivo lugar sobre as 18.00 horas a bordo da embarcación 'Pontona Aldamir', dende onde se alertou a Urxencias Sanitarias que recomendou que o ferido, que estaba consciente, fose evacuado, segundo confirmaron fontes sanitarias.

Así, Emerxencias 112, tras barallar varias opcións, mobilizou unha embarcación para trasladar ao ferido, F.J.M.L., de 47 anos, dende o barco ao porto, onde lle esperaba un médico e unha ambulancia.

O ferido, que foi evacuado ao Hospital Montecelo, en Pontevedra, presentaba un traumatismo costal e nun ombro "non grave", segundo confirmaron fontes sanitarias.

Contenido patrocinado