Identificadas 97 persoas e comisados 237 quilos de marisco

Almejas decomisadas en Vigo, furtivismo
Foto: POLICÍA LOCAL VIGO
Actualizado: domingo, 14 septiembre 2014 18:39
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Un total de 97 persoas foron identificadas e 237 quilos de marisco foron comisados en varios operativos contra o furtivismo realizados por axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración coa Policía Autonómica. Nestas operacións incautáronse 114 aparellos.

   En concreto, estes operativos foron realizados nas rías de Ferrol, A Pasaxe e Arousa Norte, e nelas participaron un total de 37 axentes da Policía Autonómica e seis do Servizo de Gardacostas, explicou a Consellería do Medio Rural e do Mar nun comunicado.

   Na ría de Ferrol foron identificadas 72 persoas e comisados 100 quilos de ameixa. Ademais, incautáronse un total de 94 aparellos. O operativo realizouse na zona de Couto e no foron inspeccionados 19 vehículos e levantáronse 48 actas de presunta infracción.

   Por outra parte, na ría de A Pasaxe os axentes identificaron a tres persoas, comisaron 77 quilos de ameixa vermella, branca e berberecho e incautaron 15 aparellos. Nesta acción levantáronse tres actas de presunta infracción.

   Por último, na ría de Arousa foron identificadas 22 persoas, comisados 60 quilos de ameixa babosa e japónica e incautáronse cinco aparellos. Neste caso o operativo levou a cabo nas zonas de Cabo Cruz, Mañóns, Landeira, A Torre, e Praria Xardín. Levantáronse 21 actas de infracción.