Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 08/03/2010 20:13

O Igape realizará anticipos do 50% e pagamentos fraccionados de ata o 70% das axudas que conceda

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) realizará anticipos do 50 por cento e pagamentos fraccionados de ata o 70 por cento das axudas concedidas aos proxectos que se acollan ás liñas de reorientación da competitividade e de regulación de iniciativas colectivas.

   En declaracións aos medios de comunicación antes de expoñer o plan 're-Forza' aos empresarios galegos, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou que, entre as novidades da iniciativa coa que o seu departamento aspira a dinamizar o tecido produtivo da comunidade figura a posibilidade de que as empresas non necesiten avais para optar ás axudas do Igape.

   O conselleiro, acompañado polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, asegurou que un dos obxectivos desta iniciativa é facilitar o acceso ao crédito a través do Igape, despois de constatar as "dificultades" das "máis pequenas" fronte ás compañías máis grandes, das que sinalou que "teñen máis posibilidades".

   Ademais de axilizar a xestión do Igape e complementar as liñas de financiamento que se articulan a través dos plans 're-Brote' e 're-solve', 're-Forza' busca unha mellora da porcentaxe de empresas galegas que apostan pola internacionalización, ao considerar que se ben a actual ratio é "positiva", o obxectivo é "que creza". Os fondos do Igape destinados á externacionalización das empresas galegas aumentarán este ano un 57 por cento.

   Tamén subliñou que a innovación é o "único" factor que permitirá ás empresas "seguir sendo competitivas" e evitar que "próximas crises" sexan "tan fortes e dramáticas". Economía e Industria incrementará un 12 por cento os recursos orientados á mellora da competitividade este exercicio.

   O conselleiro reiterou a súa vontade de poñerse "a disposición" dos empresarios para "escoitar críticas" en relación á xestión do Igape e coñecer as súas opinións para "poder mellorar", así como a súa intención de expoñer as novidades do plan 're-Forza'.

PAGAR SUBVENCIÓNS EN 45 DÍAS

   O Igape aspira a axilizar o tempo de resposta ás empresas nun momento de crise, polo que pagará as subvencións xa concedidas nun máximo de 45 días dende a súa solicitude de cobramento, que deberá realizarse nun prazo non superior a un mes a partir da concesión. A continuación, haberá un prazo non superior a un mes para pedir a súa liquidación e, a partir da solicitude de cobramento, o pagamento terá que facerse dentro da anualidade presupostaria e nun prazo máximo de 45 días.

   Ademais de axilizar a resposta da Administración, o plan 're-Forza' aposta por alcanzar "unha maior competitividade" das empresas galegas e favorecer a súa internacionalización. Para bater a primeira meta de competitividade, o Igape verá incrementados os recursos destinados a tal fin nun 11,7 por cento --pasando de 282 millóns en 2009 a 315 neste exercicio--. Para intensificar a internacionalización, o presuposto sobe de 11,5 a 18 millóns, o que supón un 57 por cento.

   O Igape contará en 2010 cun incremento global do 12 por cento do seu presuposto --345,9 millóns de euros fronte aos 306 millóns de 2009--.

AUMENTO DE AXUDAS E AVAIS

   Economía e Industria recordou que o número total de axudas ao tecido produtivo no ano 2009 "triplicouse" e superou os 630 millóns de euros, fronte aos 208 millóns de 2008. No acceso ao financiamento, concretou que o subsidiado polo Igape incrementouse un 1.146 por cento, pasando de 29 millóns en 2008 a 360 millóns durante o pasado exercicio.

   A maiores, detallou que o número de avais creceu un 148 por cento, pasando de 56 millóns a 138. Tamén se rexistrou un incremento do 148 por cento no que respecta ao apoio á internacionalización e as solicitudes recibidas "multiplicaronse por catro", dende as 7.800 rexistradas en 2008 ás 33.000 do ano 2009.

   De estas, as solicitudes resoltas "multiplicáronse por seis" e a súa "antigüidade media" baixou dos 304 días de media de 2008 aos 49 do pasado ano.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.