Imputada a alcaldesa de Viveiro (Lugo) por suposta prevaricación urbanística

Publicado: viernes, 5 septiembre 2014 20:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Sep. (EUROPA PRESS) -

A alcaldesa de Viveiro (Lugo), María Loureiro, foi imputada por un suposto delito de prevaricación urbanística polo xulgado de instrución número dous desta localidade lucense, tal e como confirmaron a Europa Press fontes da casa do concello.

Esta decisión xudicial garda relación coas licenzas urbanísticas outorgadas por silencio administrativo entre os anos 2006 e 2008 polo Goberno local viveirense.

Nesta investigación, á que agora se engade a imputación da rexedora e doutros concelleiros e exconcelleiros, tamén estaba sendo investigado Melchor Roel, alcalde ata o seu falecemento en decembro do pasado ano.