Imputado o concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela

Adrián Varela, en primer plano, junto con otros concejales
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 15:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

O concelleiro responsable da área de Deportes do Concello de Santiago, Adrián Varela, foi imputado no no marco das investigacións da 'Operación Pokemon'.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais, o edil terá que declarar o próximo día 17 de xuño ante a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara.

Axentes do servizo de Alfándegas acudiron este venres ás dependencias de Contratación do Concello de Santiago para levar documentación vinculada con contratos da Concellaría de Deportes, que dirixe Adrián Varela, con Sermasa, unha das principais empresas implicadas na investigación que instrúe a xuíza Pilar de Lara.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado