Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 08/02/2010 09:52

Un incendio calcina unha casa na Rúa (Ourense) e afecta ao tellado doutra, pero sen feridos ao estar deshabitada

   Un incendio calcinou hoxe por completo unha casa e afectou a parte do tellado doutra vivenda lindante no municipio ourensano da Rúa, pero sen causar feridos ao estar ambas as dúas deshabitadas.

   Segundo os datos facilitados a Europa Press polo 112, ás 3.02 horas recibiu o aviso de que estaba a arder unha casa situada na rúa Enriqueta Casanova, no barrio de Fontei, pero non había ninguén dentro.

   Ao lugar acudiron os bombeiros da Rúa, que informaron de que ardera por completo a vivenda, que só usaban os propietarios a fin de semana.

   Tamén se mobilizaron efectivos de Protección Civil, que precisaron que o lume queimou unha casa unifamiliar dun piso e faiado. Tras o cambio correspondente, ás 9.00 horas aínda seguían os medios realizando tarefas de limpeza na zona.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama Reino Unido advierte de que defenderá "enérgicamente" las islas Malvinas Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.