Integrantes de Xunt@s Podemos en Ferrol presentan recurso contra a resolución de invalidar as primarias

Actualizado: sábado, 24 enero 2015 18:42

Piden a Madrid que se diga a "verdade, cuales son as anomalías e onde afectan"

FERROL, 24 Ene. (EUROPA PRESS) -

Algúns dos inscriptos no Círculo Podemos de Ferrol, pertencentes á candidatura de Xunt@s Podemos, presentaron recursos a título individual contra a decisión da Comisión do Consello Cidadán para os Procesos Constituíntes Territoriais de anular e invalidar as eleccións primarias celebradas nesta cidade para elixir o seu secretario local e consello cidadán.

Nunha rolda de prensa ofrecida este mediodía nunha cafetaría de Ferrol, varios destes inscriptos reclamaron aos órganos do partido en Madrid que "clarifiquen as anomalías" e digan "cuales son e quen ou os que está detrás destas supostas incidencias", declarou Maximino López.

O integrante desta corrente tamén manifestou que a resolución que coñecen a día de hoxe "non se fundamenta en ningún artigo nin en ningún regulamento existente no partido para tomar esta decisión", e considerou esta medida como "arbitraria" e de "táboa rasa".

"Por Ferrol, polos inscriptos, polos electores, polos candidatos, esiximos que se diga a verdade, con datos reais, cuales son as anomalías e onde afectan, cuales son os votos emitidos validos e os non validos, polo ben de todos", sinalou López, para pedir "transparencia" e que "cada un asuma a súa responsabilidade".

Pola súa banda, Cheto Rico criticou que dende a dirección do partido se asegure que haberá que agardar "polo menos" seis meses para volver convocar o proceso de primarias en Ferrol.

"Estamos metidos nun burato, e temos que saber quen ou quen o cavaron, temos que saber de qué burato se trata, como se cavou e todo iso para poder saír del", considerou

Neste sentido reclamou que se adopte unha solución "xa", sen agardar "nin un, nin dous, nin tres nin seis meses", xa que é necesario "clarificar canto antes o acontecido" e "a presenza inmediata de algún responsable de Podemos en Ferrol".

RECURSO

Varios dos inscriptos no Círculo Podemos Ferrol xa presentaron, vía telemática, o mesmo recurso, expirando mañá domingo o prazo dado dende a organización, de cinco días dende a data de publicación da resolución.

En concreto, indican que non se describiron as "anomalías", nin os "argumentos", polos que se decidiu declarar "fraudulentas" estas eleccións, ademais de non identificar a que candidaturas afectan as mesmas e a quen son "imputables".

Os remitentes deste recurso tamén xustifican a presentación deste en que dende os órganos de dirección "non se cualifican regulamentariamente as anomalías nin se fundamenta que artigos ou principios son vulnerados".

Ademais, piden que se faga público o número de votos emitidos "validos" e en "cuestión", os que recibiu cada candidato de ambos os dous tipos; unha descrición das anomalías detectadas; unha certificación da entidade auditora sobre cáles desas "máis de 200 inscricións" ás que se refire a resolución son anteriores ao 15 de novembro; así como as "normas vulneradas" e a identificación de "quen as incumpre".