Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 18:09

Interior recomenda "extremar as precaucións" ante o risco de incendios en Galicia esta fin de semana

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O Ministerio do Interior informou de que existe risco de incendios esta fin de semana en determinadas zonas de España, entre as cales se atopa Galicia, polo que recomendou "extremar as precaucións".

   Así o manifestou nun comunicado de prensa, no que, ademais, recordou que as medidas de prevención e a colaboración cidadá son "esenciais" para previr os lumes.

   Nesta liña, o departamento que dirixe Alfredo Pérez Rubalcaba sinalou que continúa o despregamento de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias en todos os incendios da provincia de Ourense, nos que a Xunta solicitou a súa presenza.

   Así mesmo, apuntou que a situación dos lumes nesta provincia "se considera controlada", xa que finalizou a intervención de A Gudiña, e nestes "momentos" o pelotón que estaba a actuar neste repregouse sobre a base de Laza".

UNS 350 MILITARES DESPRAZADOS

   Segundo destacou o departamento estatal, está previsto que durante os próximos días "se manteñan na zona" os 350 militares desprazados, pertencentes ao V Batallón, con sede en León, e ao I Batallón, chegado dende Madrid.

   Ademais, tal e como detallou o ministerio, estes 350 militares "contan para a realización do seu traballo" con 18 autobombas, cinco vehículos, tres helicópteros e diversos vehículos de comunicacións, ambulancia, ata completar un "total de 74 medios".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.