A investigación apunta a unha "desaparición voluntaria" no caso da moza de Barreiros (Lugo)

Cartel dunha nova desaprecida en Barreiros difundido pola familia en redes.
FAMILIA DE LA DESAPARECIDA
Publicado: lunes, 18 junio 2018 13:06

LUGO, 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

A investigación policial apunta a unha "desaparición voluntaria" da moza de 22 anos do municipio lucense de Barreiros coa que desde o pasado 14 de xuño a súa familia non ten contacto.

Así o apuntaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que leva a Policía Nacional coa colaboración da Guardia Civil, despois de ser localizado o coche da moza estacionado nas proximidades da Estación de Autobuses de Lugo.

As mesmas fontes aseguraron que o vehículo da moza foi localizado "perfectamente pechado e estaciono" na zona da Estación de Autobuses de Lugo.

A familia da moza, que denunciou a súa desaparición na Comisaría da Policía Nacional en Lugo, difundiu un cartel coa foto da rapaza, Jennifer Ferreiro González, de 22 anos, no que indica que leva desaparecida desde o xoves 14 de xuño.

No marco da colaboración na investigación aberta, o Instituto Armado procedeu a tratar de localizar o teléfono móbil da moza, con residencia en Barreiros.