Investigan a unha persoa que usaba a súa embarcación deportiva para pescar de forma ilegal na ría de Ferrol

Investigan a un patrón en Ferrol
GUARDIA CIVIL
Actualizado: domingo, 24 septiembre 2017 13:38

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Sep. (EUROPA PRESS) -

   A Garda Civil de Ferrol investiga por suposta falsificación ao patrón dunha embarcación deportiva, non autorizada para outros fins, ao que se lle sorprendeu practicando a pesca de maneira ilegal.

   Os axentes que patrullaban na ría de Ferrol descubriron ao investigado con 78 quilos de ostras, un quilo de zamburiñas, dúas botellas de mergullo e un traxe de neopreno a bordo da súa embarcación.

   Segundo sinala o Instituto Armado nun comunicado emitido este domingo, o marisco foi devolto ao mar por ser extraído de maneira irregular. Ademais, a embarcación foi posta a disposición da Xunta de Galicia.