Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 07/02/2010 14:00

José Luis Baltar (PP) di que "entende" a Caballero (PSOE), pero reivindica "unha gran caixa" en Galicia

   O presidente da Deputación de Ourense, o 'popular' José Luis Baltar, asegurou hoxe que "entende" a postura do alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, en relación á posible fusión de Caixanova e Caixa Galicia, pero reivindicou "unha gran caixa" para a comunidade.

   "Entendo a Abel Caballero, pero tamén quería que cando levaron Caixa Ourense dixese o mesmo, que se puxese no noso lugar", sostivo Baltar nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, na que afirmou, ademais, que "a mellor operación que fixo Caixa Vigo en toda a súa vida foi coller Caixa Ourense" porque "levou unha serie de cousas a prezo de nada".

   "Os de Ourense falamos pouco dese tema porque estamos escaldados e a nós desapareceunos Caixa Ourense nun momento que non era necesario e que se empeñaron en fusionarse con Caixa Vigo e Caixa Pontevedra", recordou e destacou que "foi unha mala operación" para Ourense.

   "E se en aquel momento os ourensanos foron xenerosos e consentimos en aras de facer unha caixa máis grande, agora tería que haber a mesma xenerosidade", apostilou Baltar.

   Deste modo, manifestou que o presidente da Xunta "enfocou o tema como hai que enfocalo" e sostivo que a comunidade "non pode perder esta forza que lle dá ter unha entidade financeira galega". "Fagamos unha grande caixa en Galicia porque é o instrumento que necesita o Goberno galego para sacar as políticas deste país adiante", sentenciou.

   "Tamén o necesitabamos en Ourense e dende que levaron Caixa Ourense tivemos moitos problemas", sinalou e recalcou que todas as decisións, dende entón, parten "de Vigo".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.