José Manuel Vilaboy Lois chega aos xulgados de Lugo para declarar ante Pilar de Lara

Actualizado: miércoles, 30 julio 2014 16:19
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   José Manuel Vilaboy Lois, persoa que o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, identificou como interlocutor do delegado do Vendex nunha chamada telefónica intervida por Vixilancia Aduaneira, chegou na tarde deste mércores aos xulgados de Lugo para declarar como testemuña.

   En torno ás 15.50 horas Villaboy Lois entrou aos xulgados de Lugo sen facer declaracións aos medios. Durante a tarde declarará como testemuña ante a xuíza Pilar de Lara, que instrúe a Operación Pokémon.

   O alcalde de Ferrol foi chamado a declarar como imputado o pasado mes de xuño ante Pilar de Lara despois de que Vixilancia Aduaneira identificase como súa a voz de 'Josman', que aparecía nunha conversación co delegado de Vendex En Galicia, José María Tutor, sobre o cobramento de 3.000 euros. Non obstante, o rexedor asegurou que esta atribución era un "erro" e identificou a Vilaboy Lois como o interlocutor de Tutor.

   Aínda que Vilaboy Lois comparecerá este mércores ante De Lara, será unha proba pericial fonométrica a que deberá determinar se a voz do interlocutor con José María Tutor é esta colaboradora do PP de Ferrol ou o propio rexedor, José Manuel Rey Varela, como sostivo Vixilancia Aduaneira.