Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 10/03/2010 10:11

Lanzan un cóctel-molotov contra a casa sindical no Porriño (Pontevedra), pero sen causar feridos

   VIGO, 10 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Un cóctel-molotov foi lanzado a pasada noite contra a casa sindical de O Porriño (Pontevedra), situada na rúa Antonio Palacios, e provocou diversos danos en varias ventás e a fachada do inmoble.

   Segundo explicaron a Europa Press os bombeiros de O Porriño, sobre as 2.20 horas recibiron o aviso de 112 --á súa vez, alertado por un particular-- sobre o acontecido, se ben cando chegaron ao lugar non había lapas. Non obstante, si puideron observar restos do artefacto incendiario, unha botella e a mecha, así como unha pedra.

   Ademais de constatar que o cóctel-molotov non entrara nas dependencias, os efectivos de extinción observaron que a fachada estaba manchada de feluxe, o cristal dunha ventá estaba roto e había outro estalado.

   Pola súa banda, fontes da Policía Local precisaron que, por agora, non se produciron detencións en relación a estes feitos, se ben a investigación a leva a Guardia Civil.

TERCEIRO ATAQUE

   Este ataque é similar ao acontecido a finais do pasado xaneiro no local de CC.OO. en Vigo, onde tamén houbo danos na fachada provocados polo lanzamento dunha pedra e un cóctel-molotov que non chegou a entrar nas dependencias.

   En declaracións a Europa Press, o secretario comarcal de CC.OO. en Vigo. José Cameselle, asegurou que este é o "terceiro ataque" que sofre o sindicato en algo máis dun mes: o cóctel-molotov de finais de xaneiro, unhas "pintadas" aparecidas no local de Vigo a semana pasada e agora os danos provocados no local de O Porriño, na parte das instalacións onde se sitúan os sindicatos UGT e CC.OO. --segundo explicou, as da CIG están noutra parte do inmoble -- .

   "Creo que ten relación con que CC.OO. non apoia a folga de hoxe", aseverou Cameselle. A CIG convocou para esta xornada un paro no sector naval, que non conta co respaldo de CC.OO. nin de UGT.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.