Lanzan unha aplicación gratuíta para móbiles que permite aos usuarios "levar a cultura galega no seu peto"

Busca que os galegos "teñan a percepción de que teñen unha riqueza que apreciar, conservar, valorar e dar a coñecer"

NP CCG Presentada LEME, Aplicación Aberta E Gratuíta Para Móbiles CCG
EUROPA PRESS/CONSELLODACULTURA
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 18 junio 2013 16:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Consello da Cultura Galega deseñou unha aplicación gratuíta para móbiles que permite localizar o patrimonio cultural galego co obxectivo de que os usuarios poidan "levar a cultura galega" no seu peto". Esta aplicación, que recibe o nome de 'Leme', xa está dispoñible pero só para 'iphones' e 'ipads'.

O responsable técnico de 'Leme', Manuel Gago, indicou este martes que esperan que "a aplicación estea dispoñible en android" no próximo "outubro ou novembro". A "principal idea" na que se enmarcou esta aplicación é "o aforro" e por iso explicou que queren "ver que lles interesa aos usuarios" e que se "pode mellorar" na versión para 'iphones' e 'ipads' para poder aplicalo despois na plataforma 'android'.

Pola súa banda, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, sinalou que 'Leme' é unha forma de "agrupar recursos que xa ten o conselo" como "o mapa de equipamentos culturais, os camiños literarios e as escolas de emigración", e outros que "terá no futuro".

O "obxectivo" de Leme é que os usuarios poidan "levar a cultura galega" no seu peto" e así poder consultar "os recursos turísticos e culturais", como "galerías de arte, teatros, auditorios" e mesmo equipamentos culturais máis pequenos como salóns de actos de parroquias".

Como destacou Gago, "as entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro" poden subir "moi doadamente" a información patrimonial do seu ámbito "simplemente" poñéndose en contacto co Consello da Cultura. Pola súa banda, os usuarios tamén poden "enriquecer esta aplicación" dándolle diferentes "notas".

PARA GALEGOS E ESTRANXEIROS

'Leme' busca que os galegos "teñan a percepción de que teñen unha riqueza que apreciar, conservar, valorar e dar a coñecer os que veñen de fóra". Desta forma, Villares sinalou que non só obteñen información os usuarios senón o propio Consello da Cultura grazas ás puntuacións que recibe a aplicación e que proporcionan unha "enorme cantidade de información" sobre "os elementos que máis lle interesan aos usuarios".

A pesar de que a aplicación solo está dispoñible en galego na actualidade, Villares sinalou que "esperan que poida estar noutros idiomas". Tamén indicou que, aínda que o seu "compromiso" está "coa lingua galega", o idioma é un tema "case secundario" porque "o importante é a situación e sinalización".

Contenido patrocinado