Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 15:22

Leiceaga di que a súa "aspiración" é rematar o curso político como voceiro parlamentario pero elude aclarar o seu futuro

   O voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, confirmou este venres que a súa "aspiración" é "rematar o curso político" no seu actual cargo e subliñou que, "previsiblemente, iso é o que sucederá".

   Preguntado en rolda de prensa sobre a posibilidade de que abandone o seu escano para concorrer como número dous do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na lista para as eleccións municipais de maio de 2011, resolveu que "ata febreiro ou marzo" non se elaboran as candidaturas.

   A maiores, Leiceaga deixou claro que a súa "opinión" será "moi importante en todo o que suceda" en relación coa súa presenza na lista, pero eludiu aclarar cál é a súa pretensión.

   Entre risas, resolveu a cuestión afirmando que non aspira "á Alcaldía de Ribeira", en referencia á pretensión do seu homólogo no PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, de ser cabeza de cartel nesta localidade coruñesa.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.