Leiceaga rexeita máis "exclusións financeiras" e espera que o Santander manteña o emprego en Galicia

Contador
Leiceaga rexeita máis "exclsuiones financeiras"
REMITIDA
Publicado 09/11/2017 13:48:43CET

A CORUÑA, 9 Nov. (EUROPA PRESS) -

O portavoz do PSdeG no Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga, confía en que non haxa máis "exclusión financeira" en Galicia e espera que o Banco Santander manteña "a presenza" en Galicia e os postos de traballo do Banco Popular.

Así o manifestou a preguntas dos xornalistas após manter no Club Financeiro da Coruña un encontro con empresarios, cos que abordou, entre outros asuntos, as necesidades de transformación na xestión do monte.

O Banco Santander xa puxo sobre a mesa dos sindicatos o seu plan de baixas incentivadas e/ou forzosas que afectarán a máis de 1.500 persoas en toda España. En Galicia, son cinco os centros afectados, tres de Popular e dous de Santander.

"Cremos que o Santander, coa incorporación do Popular-Pastor, é un dos grandes operadores financeiros de Galicia. Ten unha presenza moi sólida nesta comunidade e esperamos que faga todo o posible por mantela, e manteña tamén o emprego en Galicia", sinalou o socialista.

Leiceaga, que considera que a "exclusión financeira non é unha boa noticia" para Galicia, volveulle a pedir ao Grupo Santander- tal e como xa fixo na carta remitida en xuño á súa presidenta Ana Botín- "respectar a marca e a autonomía que tiña o Banco Popular en Galicia".

PRIMARIAS PROVINCIAIS

Á marxe desta cuestión, en relación á intención de varios compañeiros aspirantes, tanto en Lugo como en Pontevedra, a presentarse ao proceso de renovación nos órganos provinciais, Leiceaga mostrou o seu "máximo respecto".

"Este é un proceso aberto e cada militante ten que xogar o papel que considere oportuno", asegurou o portavoz parlamentario do PSdeG, quen concorreu conxuntamente con Gonzalo Caballero ao proceso de primarias galegas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies