Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 19:38

O leite francés sobe un 6% tras o pacto do sector, mentres en España está un 3,6% por debaixo da UE

   O prezo do leite en orixe en Francia rexistrou un repunte do 6%, tras o acordo alcanzado no seo da interprofesional láctea por produtores, cooperativas e industrias, mentres que os gandeiros españois perciben pola venda do seu produto un 3,6% menos que a media europea, tras o novo descenso rexistrado en xuño.

   Segundo informou o Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino, os datos facilitados polo Eurostat reflicten unha "importante suba" de prezos en Europa no sexto mes do ano ata os 29,31 euros os 100 quilos, fronte ao descenso español.

    Non obstante, o Ministerio apunta que a "anómala tendencia" decrecente dos prezos, parece inverterse, xa que o último dato dispoñible sitúa o prezo en España o mes de xullo en 28,35 euros os 100 quilos que supón unha moi lixeira variación á alza (+0,10 euros) respecto ao mes de xuño.

   O departamento que dirixe Elena Espinosa considera que, analizando a conxuntura actual do mercado, "nada parece poder xustificar a escasa recuperación dos prezos", xa que ao ascenso dos produtos industriais se une "a boa situación de exportacións comunitarias de produtos lácteos e o mantemento en nivel de entregas".

   Ademais, o Goberno fai fincapé no "significativo" feito de que, "malia todas as tendencias alcistas" nos mercados europeos e internacionais, nalgunhas zonas produtoras españolas os prezos para o mes de xullo "volveron rexistrar un descenso".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.