Letras Galegas.- Un experto ve clave a tradición galeguista da súa familia en Álvarez Blázquez, erixido cronista de Vigo

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 16 mayo 2008 21:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 May. (EUROPA PRESS) -

O académico numerario e directivo do arquivo bibliotecario da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Axeitos, erixiu hoxe como clave no homenaxeado deste ano pola RAG no Día das Letras Galegas, Xosé María Álvarez Blázquez, a tradición familiar galeguista que pasou de xeración en xeración.

En concreto, trasladouse dende a xeración de Emilio Álvarez Giménez, que naceu na localidade castelá-leonesa de Puebla de Sanabria pero que se viviu en Pontevedra --onde morreu-- e destacou a súa influencia en Xosé María Álvarez Blázquez como punto de partida da súa implicación coa cultura galega.

Álvarez Blázquez foi desterrado a Oreses tras ser recrutado, nun primeiro momento, para as forzas militares das que estaba exento polos seus problemas de visión. No entanto, Axeitos revelou que foi chamado despois de que o "vendaval da Guerra Civil" acabase coa vida do seu pai, o cal "afectou a todos os irmáns", sobre todo aos maiores.

En torno aos anos '50 funda, xunto con Viñas Cortegoso, a editorial Monterrey que editou libros dunhas 50 páxinas en formatos "moi coidados" poñendo atención ás ilustracións e aos gravados. Neste punto, Axeitos fixo fincapé na colección de libritos de 'O Moucho', da que se chegaron a editar "medio millón de exemplares" nunha época na que non era nada habitual.

Darío Xohán Cabana, que mañá será un dos tres académicos que disertará sobre a biografía e obra de Álvarez Blázquez, autor dun traballo sobre vida e obra do homenaxeado, comenta que chegou (Álvarez Blázquez) a editar 200 libros en galego entre os anos 67 e 75.

Non en van, o labor editor de Álvarez Blázquez, que tamén fundou Castrelos (xa cun título máis vigués) será unha das facetas principais que centrarán os discursos das honras á súa figura.

Porén, Axeitos empraza a non esquecer outros campos que cultivou, como foi a poesía, a novela, o ensaio (con colaboracións en xornais e revistas) e a faceta arqueolóxica, pola que entrou en contacto a través dos seus amigos que pertencían á Xeración Nós, como Antón Fraguas, Xocas ou Bouza-Brey.

"En Vigo pasou os anos fundamentais da súa vida", remarcou o académico da lingua. Alí, casou e tivo os seus cinco fillos, e desa cidade converteuse no "seu cronista". Se Manuel Murguía se transformou no cronista de Galicia, ese mesmo papel o gañou Álvarez Blázquez na cidade olívica co que leva consigo, asegurou Axeitos e precisou: "o seu coñecemento histórico e do presente".

Precisamente, nesa cidade será homenaxeado Álvarez Blázquez e na casa na que viviu será descuberta unha placa na súa honra, no número 180 da rúa Gran Vía. Axeitos xustificou todo tipo de actos homenaxe a quen, en definitiva, "foi un dos grandes intelectuais e un grande responsable da cultura galega".

FUNDACIÓN ÁLVAREZ BLÁZQUEZ.

En canto á petición dos fillos de Álvarez Blázquez de crear unha fundación co nome do seu pai co legado, Xosé Luis Axeitos considerou un acto de "grande gratitude" por parte da súa familia a súa vontade de poñer en disposición da sociedade a herdanza cultural.

Así, avogou por que un poder económico sensible debería tomar en conta esta petición e ter un "mínimo de sensibilidade" cara a ela, tras a demostración de "xenerosidade" dos familiares, que debe ser aplaudido.

ACTOS DE MAÑÁ.

Nos actos de mañá está previsto que ás 12.30 horas o presidente da RAG, Xosé Luis Barreiro, e os académicos Xosé Luis Méndez Ferrín e Darío Xohán Cabana inicien os seus intervención no salón de actos da Casa Consistorial, a onde acudirán numerosas autoridades aínda que nesta ocasión.

Non estará o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, nin a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, que se atoparán de viaxe oficial e celebrarán o Día das Letras no exterior.

Ás 17.00 horas descubrirase a placa de homenaxe na vivenda de Álvarez Blázquez na que intervirá o seu fillo Alfonso Álvarez Cáccamo, despois de que o seu irmán Xosé María declinase pronunciar o discurso por problemas de saúde.

Contenido patrocinado