Letras Galegas.- Os fillos de Álvarez Blázquez buscan apoios para crear unha fundación e difundir o seu legado

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 14 mayo 2008 16:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 May. (EUROPA PRESS) -

Os cinco fillos de Xosé María Álvarez Blázquez anunciaron a súa disposición a crear unha fundación e difundir o seu legado do seu pai, para o que piden "apoios". Así o anunciou hoxe, en Santiago de Compostela, Alfonso Álvarez Cáccamo, nun acto no que tamén participaron os seus irmáns Elena e Celso.

O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na Facultade de Xeografía e Historia da capital galega, acolleu hoxe un "solemne" e "intenso" acto de "homenaxe" á figura do poeta, arqueólogo, filólogo e editor ao que este ano a Real Academia Galega decidiu dedicar o 'Día das Letras Galegas'.

Xunto ás achegas feitas por tres dos seus fillos --xa que Berta e Xosé María Álvarez Cáccamo non puideron asistir por "un contratempo" sufrido polo segundo--, o vicerrector de Cultura da USC, Elías Torres, e o director do Departamento de Filoloxía Galega, Xosé Luis Regueira, presentaron o libro 'Xosé María Álvarez Blázquez. Día das Letras Galegas 2008' e a Orquestra de Cámara Galega estreou poemas do autor musicalizados por Roxelio Groba.

((SEGUIRÁ AMPLIACIÓN))

Contenido patrocinado