Liberade con cargos para o fillo detido da muller achada morta en Corme (A Coruña)

Actualizado: martes, 15 abril 2014 20:38
cia" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

A CORUÑA, 15 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O fillo detido da muller achada morta na súa vivenda na localidade coruñesa de Corme, no municipio de Ponteceso, quedou en liberdade con cargos tras pasar este martes a disposición xudicial.

   Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación. O detido pasou a disposición do xulgado de garda de Carballo tras permanecer nos calabozos do posto da mesma localidade, a onde foi levado dende a Comandancia na Coruña.

   O home fora arrestado pola súa suposta participación nos feitos tras ser achado o domingo o corpo da súa nai octoxenaria na vivenda familiar na que ambos os dous residían.

   A autopsia practicada á octoxenaria revelou que a anciá morreu dun posible infarto, segundo sinalaron a Europa Press fontes próximas á investigación.

   Tras ser atopada morta a octoxenaria o domingo, a Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o sucedido e detivo un fillo da muller pola súa suposta implicación nos feitos.