O litoral galego estará este xoves en alerta por ondas

Alerta jueves 29 de enero en el litoral de Galicia.
Foto: METEOGALICIA
Actualizado: miércoles, 28 enero 2015 19:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O litoral de Galicia estará este xoves, día 29 de xaneiro, de novo en alerta por ondas que poden superar os cinco metros de altura a partir das 15,00 horas.

   Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, recollido por Europa Press, a profunda borrasca de 960 mb centrada no mar do Norte formará ondas que chegarán a Galicia con alturas superiores aos cinco metros ao final do día.

   Así, o aviso será amarelo entre as 12,00 e as 15,00 horas no noroeste da Coruña, A Mariña luguesa e Costa da Morte por ondas do noroeste de entre catro e cinco metros, tras o que pasará a laranxa por ondas por enriba dos cinco metros.

   Mentres, nas Rías Baixas e no Oeste do litoral da Coruña o aviso será amarelo dende as 15,00 horas deste xoves por ondas do noroeste de entre catro e cinco metros de altura.