O litoral noroeste coruñés, a Costa da Morte e A Mariña estarán este sábado en alerta por ondas de ata cinco metros

Alerta en el litoral gallego para el sábado 28 de febrero.
METEOGALICIA
Actualizado: viernes, 27 febrero 2015 11:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Feb. (EUROPA PRESS) -

O litoral noroeste da Coruña, así como o da Costa da Morte e A Mariña luguesa, estarán este sábado, 28 de febreiro, en alerta amarela por ondas de ata cinco metros.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, recollido por Europa Press, a influencia das intensas borrascas que se moven polo Atlántico Norte fará chegar ondas ao litoral Norte que estarán entre os catro e cinco metros de altura.

Deste modo, ata as 15,00 horas deste sábado o aviso será amarelo por ondas do noroeste de entre catro e cinco metros de altura.