Localizan en bo estado á nova desaparecida o pasado martes en Culleredo (A Coruña)

Desaparecida Culleredo
SOS DESAPARECIDOS
Actualizado: lunes, 26 junio 2017 21:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

O dispositivo de procura localizou á moza de 15 anos, Milena Gálviz, que permanecía desaparecida desde o pasado martes en Culleredo (A Coruña).

Segundo avanzaron fontes da investigación, a menor apareceu na zona de Labañou, na Coruña, xunto a outra moza, Aida Gesto, que tamén figuraba como desaparecida.

Así mesmo, segundo indican as mesmas fontes, uns amigos encargábanse de cubrir a ambas as novas, que non querían volver a casa. As dúas están en perfecto estado de saúde.

A nova, que estuda no IES Rego ds Travesa do Burgo, desprazouse o martes, supostamente, a facerse unha tatuaxe ata A Coruña, e desde entón non se tiñan noticias dela. A súa nai puxo a denuncia por desaparición a última hora do martes.

No momento da súa desaparición, a moza vestía un vestido negro con tirantes, unha camiseta branca con raias negras e unhas zapatillas deportivas tamén negras. Non levaba documentación. No operativo para tratar de localizar á moza colaboraron a Policía Local, Nacional e a Garda Civil.