Localizan en Madrid o mozo de Fene (A Coruña) desaparecido

Actualizado: viernes, 22 agosto 2014 15:05

A CORUÑA, 22 Ago. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Nacional localizaron en Madrid, sobre as 1,00 horas deste venres, ao mozo de Fene (A Coruña) desaparecido dende o pasado 12 de agosto.

Así, fontes do Concello coruñés de Fene precisaron a Europa Press que foi a Policía Nacional a que atopou a David T.N., de 17 anos e veciño da parroquia fenesa de Sillobre, nun control rutineiro.

En concreto, foi no momento en que os axentes lle solicitaron ao mozo o seu DNI cando "saltou a alarma" ao ser unha persoa desaparecida, segundo indicaron estas mesmas fontes da Casa do concello de Fene.

Así as cousas, os axentes da Policía Nacional chamaron aos familiares do mozo, que se trasladaron á capital española para buscalo.

Os pais de David T.N. denunciaran a desaparición do menor ante a Garda Civil o pasado mércores 13 de agosto ao non regresar este á casa a noite anterior.

De tódolos xeitos, fontes dos corpos de seguridade que colaboraron na busca do menor indicaron o pasado venres 15 de agosto que non se mantiña xa "ningún dispositivo concreto" para rastrexar o menor, posto que se trataba dunha marcha por vontade propia.