Un lume queima durante seis horas un palleiro de dous pisos en O Páramo (Lugo)

Unha muller resulta afectada polo fume tras incendiarse a súa casa en Moaña (Pontevedra)

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 12:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 (EUROPA PRESS)

Un incendio rexistrado na madrugada deste venres na localidade lucense de O Páramo calcinou por completo un palleiro de dous pisos despois de arder durante case seis horas.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Central de Emerxencias 112-Galicia, a voz de alarma deuse pasadas as 2.30 horas no lugar de Outeiro, onde estaba a arder un palleiro.

Ata o lugar do suceso acudiron efectivos de Garda Civil, persoal do concello e os Bombeiros, que finalizaron o operativo preto das 8.30 horas.

Ao parecer, o lume calcinou un palleiro de dous pisos anexo a unha vivenda e os elementos que se atopaban no seu interior, un coche, un remolque e varios apeiros de labranza.

UNHA AFECTADA EN MOAÑA

Por outra banda, unha muller tivo que ser asistida polos servizos médicos tras resultar afectada polo fume durante un incendio rexistrado na súa vivenda, na localidade pontevedresa de Moaña.

Segundo apuntaron a Europa Press fontes do 112-Galicia, o lume iniciouse pasadas as 21.00 horas deste xoves nunha casa do lugar de Paradela.

Ata o lugar acudiron efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Bombeiros, ademais dun equipo do 061 Galicia, dado que nun primeiro momento creu que podía haber unha persoa dentro da vivenda, algo que finalmente foi descartado.

O lume, iniciado nunha caixa de corrente, foi controlado con rapidez e afectou a elementos do interior e parte do primeiro piso. Non obstante, mentres os Bombeiros estaban a arrefriar o lugar, chegou a dona da casa, que resultou afectada polo fume, polo que tivo que ser asistida no lugar por unha ambulancia do 061.

Contenido patrocinado