Máis dun millar de persoas concéntrase nas cidades galegas para expresar o seu respulsa a ETA

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 15 mayo 2008 15:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA 15 May. (EUROPA PRESS) -

Máis dun millar de persoas concentráronse hoxe ante as casas consistoriais das sete cidades galegas para expresar a súa condena e o seu respulsa ante o último atentado de ETA, perpretado na madrugada de onte e no que faleceu un membro da Guardia Civil.

En resposta á convocatoria da Federación Española de Municipios (FEMP), autoridades, compañeiros da Benemérita e persoas da pé gardaron varios minutos de silencio, roto finalmanete con aplausos nas sete urbes. Así, manifestaron o seu rexeitamento á violencia terrorista e mostraron o seu apoio e solidariedad coas vítimas e as súas familias.

En Santiago desprazáronse ata a Praza do Obradoiro unhas 350 persoas, entre as que se atopaban representantes de corporación local, co seu alcalde, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, á fronte. Tamén acudiron á convocatoria varios membros da Xunta, como o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu; o de Traballo, Ricardo Varela; a de Sanidade, María José Rubio; a de Pesca, Carmen Gallego, a de Política Territorial, María José Caride ou a secreatria xeral da Igualdade, Carme Adán.

Así mesmo, estaban presentes varios deputados autonómicos, entre eles o voceiro do PSdeG, Ismael Rego; ou os 'populares' José Manuel Castelao Bragaña e Ángel Bernardo Tahoces, ademais de membros da Guardia Civil, a Policía Local e a Nacional. Decenas de turistas, que ese momento paseaban pola praza, sumáronse ao silencio.

UNIDADE DE TODA A SOCIEDADE.

Ao rematar, Sánchez Bugallo realizou en declaracións aos medios un chamamento á unidade de toda a sociedade para derrotar a banda armada. "Ten que percibir que non só ten en fronte ao aparato do Estado, senón ao conxunto da sociedade", resaltou.

Tamén estivo presente o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, que apelou a "demostrar todas as veces que faga falta" a "firmeza" e a "vontade de todos" para acabar co terrorismo.

A estampa repetiuse no resto de cidades do país, como na Coruña, onde máis de 200 persoas acudiron á convocatoria, co seu rexedor, Javier Losada, e o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, á fronte. Losada leu un manifesto en que se expresa o desexo de lograr "unha España en paz".

"Son peores os que os alentan, son unha banda de sicarios, pero ímoslles gañar porque somos máis fortes, porque somos máis e porque temos a lei que aplicaremos con todas as garantías", proclamou. Ademais, reivindicou a presenza nas prazas para prtestar contra o atentado aínda que "os violentos pensen que non serve de nada".

FORZA DEMOCRÁTICA.

En Ferrol o alcalde, acompañado por unhas 300 persoas, expresou o seu condenada ante "outro inxustificable, desprezable e aborrecible" asasinato, e chamou a apelou a utilitar "toda a forza democrática" para protestar contra "o crime organizado".

Pola súa banda, en Vigo concentráronse en torno a 80 persoas na Praza do Rei, ante a Casa Consistorial, para gardar cinco minutos de silencio en memoria do garda civil Juan Manuel Piñuel e para expresar "o rexeitamento á violencia terrorista".

A esta concentración asistiron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e representantes de todos os grupos municipais da corporación; así como o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Paz; representantes sindicais e membros de colectivos veciñais.

En Ourense secundaron a convocatoria unhas 300 persoas na Praza Maior, onde os aplausos puxeron fin aos cinco minutos de silencio. Acudiron membros de todos os grupos da Corporación local, encabezados polo alcalde, Francisco Rodríguez, así como axentes da Garda Civil, Policía Local e bombeiros; ademais do presidente da Deputación Provincial, José Luis Baltar, e o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo.

Tras os cinco minutos de silencio, o rexedor municipal ourensano destacou que "non existen palabras para difundir o que senten os demócratas". "Sobran palabras e faltan que os que ata agora asasinaron, reflexionen en que a solución dos problemas está na palabra e non en pistolas", aseveró, ao tempo que concluíu que as forzas políticas están "máis unidas que nunca" para loitar pola paz e contra o terror.

Á FIN XUNTOS.

En Lugo un centenar de persoas participaron na concentración silenciosa que celebrou debaixo dos soportais do Concello debido á chuvia. Entre outros, asistiu o alcalde, Xosé Clemente López Orozco; o subdelegado do Goberno, Jesús Otero; así como integrantes da corporación local, e altos cargos da Guardia Civil e Policía Nacional.

Tras os aplausos que puxeron fin a cinco minutos de silencio, o alcalde de Lugo destacou que se recuperou a "ansiada unidade" de demócratas contra os terroristas.

Pontevedra foi a única cidade que non tivo a praza do concello como escenario da concentración, polas obras que se están a realizar alí. Por iso, a protesta trasladouse á subdelegación del Gobierno, ante a que se xuntaron unhas 200 persoas, que gardaron cinco minutos de silencio.

Estiveron presentes o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; xunto ao subdelegado gobernamental, Delfín Fernández, o presidente da Deputación, Rafael Louzán; ou a dirixente do PP Ana Pastor.

Contenido patrocinado