Mato cre que Pilar Rojo "fixo o que tiña que facer" ao expulsar a Fajardo

La conselleira de Traballo e Benestar en un acto sobre Atención Temprana
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: viernes, 28 noviembre 2014 15:12

Espera que a penalización "sirva para que cambie o comportamento" e a Cámara "sexa un exemplo de democracia e de diálogo"

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu que a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, "fixo o que tiña que facer" ao expulsar o deputado de AGE Juan Fajardo do hemiciclo polas súas protestas reiteradas durante a intervención da titular de Traballo, na sesión do pasado mércores.

   En concreto, a Cámara galega suspendeu "dos seus dereitos parlamentarios" a Fajardo "ata o final da sesión plenaria seguinte que se iniciará o 2 de decembro" por ser expulsado do pleno o mércores 26 de novembro debido a "unha desorde grave de palabra".

   Ao respecto, en declaracións aos medios antes de participar nun acto sobe Atención Temperá, Beatriz Mato asegurou que "non é a primeira vez" que o parlamentario de Alternativa "ten ese comportamento absolutamente denostable". "Penso que a consecuencia diso é esta", manifestou.

   Por iso, avalou a actuación do xefe do Lexislativo quen, ao seu xuízo, "cumpre como ninguén, se cabe, as súas responsabilidades e funcións". "Leva perfectamente o control de Parlamento e, proba diso, foi a consecuencia dunha acto de desobediencia que fixo un deputado ao regulamento do Parlamento", sinalou.

INSULTOS

   Na súa intervención, a titular de Traballo e Benestar considerou que "máis alá das interrupcións", que cualificou de "impropias", o que "non é" de recibo "é o que acontece dende a oposición e, en concreto, dende esa formación política --AGE-- que son os insultos".

   "Iso se que non é tolerable nun Estado democrático, nun pobo democrático como é o galego e, evidentemente, non é o comportamento que esperan de nós os cidadáns", manifestou.

   Por iso, mostrou o seu desexo de que esta penalización "sirva para que cambie o comportamento" e esta Cámara "sexa un exemplo de democracia e de diálogo". "Aquí estamos para renderlle contas ao pobo galego, uns para defender o Goberno e, a oposición, evidentemente, para controlalo, pero tense que a facer dende o respecto e sobre todo da educación", resolveu.