Memoria.- Garzón declara extinguida a responsabilidade de Franco e outros altos mandos e remite a causa aos xulgados

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 18 noviembre 2008 12:56

MADRID 18 Nov. (EUROPA PRESS) -

O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón declarou hoxe extinguida a responsabilidade penal de Franco e outros altos mandos do seu réxime e decidiu remitir a causa que abriu para investigar os crimes da Guerra Civil e o franquismo aos Xulgados de Instrución das provincias onde se atopan as foxas comúns que autorizou.

Segundo un auto feito público hoxe, o xuíz acorda elevar á Sala calquera actividade procesual que afecte á causa e as peticións que poidan realizar as partes no futuro e comunica ao ministro de Justicia, Mariano Fernández Bermejo a existencia do grupo de expertos e policial para o seu coñecemento.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado