SANTIAGO DE COMPOSTELA 18 May. (EUROPA PRESS) -
A Mesa Pola Normalización Lingüística considerou "repulsivo" que o Partido Popular aprobase unha lei "contra o galego" o día 17 de maio, xornada na que se celebra o Día das Letras Galegas na Comunidade galega.
"O PP chospe na cultura galega ao aprobar a lei da Wertgüenza o día no que celebramos a existencia da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura", criticou o presidente da Asociación en defensa do galego, Carlos Callón, nun comunicado.
Neste sentido, o tamén portavoz da plataforma Queremos Galego denunciou que "mentres Galicia festexaba a existencia do seu idioma, o PP aprobaba unha lei para intentar acabar con el".
Con todo, Callón felicitou "efusivamente" a todas as persoas que na xornada do venres "abarrotaron de novo as rúas de Santiago de Compostela en defensa do idioma de Galicia" e sinalou que "aínda hai máis razóns para a rabia cara a uns poderes públicos xordos ao clamor social".