Miranda celebra que Feijóo marcase esta semana un "punto de inflexión" no naval "como auga de maio" para o sector

Antonio Rodríguez Miranda
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: domingo, 27 mayo 2012 21:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA 27 May. (EUROPA PRESS) -

O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, celebrou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "fose quen de establecer esta semana un punto de inflexión" no naval galego, que será "como auga de maio para o sector".

Deste modo, Miranda valorou o acordo da Xunta con Pemex e a alternativa presentada ao Goberno central para o 'tax lease' --á que espera que o comisario socialista europeo Joaquín Almunia "non poña trabas"-- como "noticias moi boas para todos os galegos".

En concreto, cre que os estaleiros galegos poñan no Golfo de México "boas mostras do que son capaces de facer" converterá a "esas augas no escaparate dos seus produtos" para aumentar os encargos no futuro.

Así mesmo, comparou as viaxes de Núñez Feijóo ao estranxeiro que "trouxeron compromisos" cos que "patrocinaba a Consellería de Medio Ambiente cando o actual secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, estaba á fronte do departamento, e que realizaba "a lugares como Polonia ou Bali" que "só representaban gasto para as arcas públicas galegas".

"O problema do sector é menor dende o pasado xoves e como partido non podemos máis que nos alegrar", sinalou Rodríguez Miranda a través dun comunicado de prensa.

Artículos Relacionados

Contenido patrocinado