Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 15:17

Miranda di que serán os órganos do PPdeG os que "tomarán a decisión" para elixir candidato en Ribeira

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou que os órganos de partido serán os que "tomen a decisión" para elixir candidato do Partido Popular ás eleccións municipais de 2011 en Ribeira (A Coruña).

   Ante a posibilidade de que o voceiro do PP no Parlamento galego, Manuel Ruiz Rivas, dispute o posto de candidato ao actual rexedor da localidade, José Luis Torres Colomer, Rodríguez Miranda destacou que "a decisión que tome o partido seguramente vai ser a máis axeitada".

   Neste sentido, resaltou que non debe ser o voceiro do partido quen "suplante" aos propios órganos responsables da elección, que "en primeiro lugar" correrá a cargo do propio presidente da provincia "afectada" en colaboración, segundo afirmou, "coa dirección do partido".

CANDIDATOS PSdeG

   En referencia á posibilidade de abrir un proceso de primarias do Partido Socialista en Pontevedra --militantes lograron reunir as sinaturas do 40 por cento de afiliados-- e Vigo --onde a corrente crítica demandou un proceso electoral-- para elixir o seu candidato ás eleccións municipais de 2011, Miranda subliñou que "é normal que o Partido Socialista teña dúbidas á hora de seleccionar candidatos nas cidades", á vez que destacou que "lle sorprende que non teña dúbidas nas outras cinco cidades".

   Así destacou que o PPdeG "xa puxo a estas alturas en fronte uns magníficos alcaldables" que, segundo dixo, "van ter uns resultados brillantes" nas municipais.

   A isto engadiu que "eles están a dar forma ao seu cartel", mentres segundo resaltou, o PPdeG "dá forma ao seu programa". "Ao Partido Socialista aínda lle quedan moitos deberes que facer chegado setembro", sentenciou Rodríguez Miranda.

DECRETO

   A preguntas dos xornalistas sobre o cumprimento do decreto do plurilingüismo no ensino, o voceiro dos populares galegos subliñou que "un partido democrático e que cree firmemente no Estado de dereito", ao seu parecer, "ten que cumprir a normativa".

   Por iso, referiuse a unha valoración "subxectiva e interesada" do PSdeG en referencia ás súas críticas sobre un suposto "non cumprimento similar entre decretos lingüísticos.

   "Se temos un novo decreto que se aprobou legal e lexitimamente, que responde a cumprir un compromiso coa cidadanía galega referendado a través das urnas, entendo que o que vai facer o Goberno é cumprir esa normativa", subliñou.

TRAMA AGRARIA

   En canto á situación das investigacións sobre a suposta trama agraria, apuntou que "está a actuar a xustiza", e no ámbito da administración pública as actuacións "aínda non se coñecen".

   Por iso, apuntou que a propia administración é "a quen lle corresponde" dar a coñecer en qué estado de avance atopan esas pescudas.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 La ola de frío se agudizará el fin de semana Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.