Mónica Naranjo chega este sábado a Ferrol co seu único concerto en Galicia

Mónica Naranjo
SONY MUSIC
Actualizado: sábado, 23 agosto 2014 10:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Ago. (EUROPA PRESS) -

'Sobreviviré', 'Pantera en Libertad', 'Desátame' ou 'Europa' son algúns dos grandes éxitos cos que Mónica Naranjo aterrará en Ferrol este sábado, no marco da xira '4.0 tour', e no que será o único concerto que ofrecerá en Galicia.

O concerto terá lugar na Praza de España, con apertura de portas a partir das 21,00. A esa hora está prevista tamén a actuación dun dj que amenizará ao público ata as 23,00 horas, en que Naranjo saltará ao escenario.

Coa intención de que o prezo non sexa unha barreira e persoas de toda Galicia poidan desprazarse ata Ferrol, segundo explica a organización, este concerto ten a entrada máis económica de toda a xira española. Puxéronse á venda 7.000 entradas a 20 euros.

O 40 aniversario de Mónica Naranjo foi a escusa para a culminación do lanzamento do seu disco recopilatorio dos grandes éxitos, totalmente renovados, e a xira que fará a súa próxima parada en Ferrol. Dende o seu lanzamento, o disco, "4.0, copou os principais postos das listas musicais de España antes de dar paso ao tour musical.