Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 05/03/2010 11:30

Morlán asegura que a estrada N-540 en Guntín (Lugo) será reaberta ao tráfico o domingo "con todas as garantías"

   LUGO, 5 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O secretario de Estado de Planificación e Infraestructuras, Víctor Morlán, asegurou hoxe que a estrada N-540, que une Lugo con Santiago e Ourense, reabrirase á circulación "con todas as garantías" o vindeiro domingo día 7, tras os traballos realizados polos danos rexistrados a causa do último temporal.

   Víctor Morlán realizou estas declaracións tras supervisar no lugar o estado de execución das obras, que se realizan dende o martes, xornada na que quedou cortado o tráfico no municipio lucense de Guntín.

   O problema localizábase na base dunha ponte que sufriu un corremento como consecuencias das fortes chuvias do último temporal que azoutou a Galicia, o que provocou unha fenda na calzada que se foi agrandando, o que fixo que a limitación inicial de suprimir a circulación por un carril se tivese que ampliar a toda a calzada.

   Morlán explicou que as obras executadas foron "moi importantes" e levaron consigo a construción dun muro, así como a introdución de elementos de drenaxe "importantes".

RADIO DE CURVA AMPLIADO

   Finalmente, o secretario de Estado de Planificación e Infraestructuras pediu "desculpas" aos usuarios polos problemas ocasionados co corte da estrada, durante o que se habilitaron desvíos alternativos.

   Ademais, Morlán destacou que se aproveitara o corte para ampliar o radio da curva onde se atopa a ponte danada, o que permitirá que o cruzamento de vehículos pesados en punto se produza "con normalidade".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.