Morre un mozo de 18 anos nunha saída de vía en Carballo

Actualizado: sábado, 30 julio 2016 11:35

   A CORUÑA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un mozo de 18 anos de idade, con identidade L.C.P., faleceu na madrugada deste sábado ao sairse da vía o vehículo que conducía pola estrada que une Carballo e Santiago, á altura da parroquia da Brea, na capital bergantiñana.

   Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencias, tras sairse da vía, o turismo colisionar contra o muro dunha casa situado na marxe da estrada.

   Pola súa banda, fontes sanitarias precisaron que o suceso tivo lugar sobre as 1,54 horas da madruga e que ao lugar acudiron dúas ambulancias e persoal sanitario do PAC de Carballo, que nada puido facer por salvar a vida do mozo, que resultou falecido no punto.

   Tamén acudiu ao punto do accidente a Garda Civil de Tráfico.