Morre un traballador tras caerse nunha gabia en Carballo (A Coruña)

Actualizado: jueves, 19 octubre 2017 15:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Oct. (EUROPA PRESS) -

Un home faleceu este xoves nun accidente laboral rexistrado ao caerse nunha gabia cando traballaba no termo municipal de Carballo (A Coruña).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o accidente laboral tivo lugar sobre as 13,30 horas no lugar do Outón, na parroquia de Rus, no municipio de Carballo.

Foron mobilizados a Guardia Civil, Protección Civil e o 061, que enviou ao lugar unha ambulancia asistencial, persoal sanitario do centro de saúde de Carballo e o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero a aeronave finalmente foi anulada.

O 061 confirmou que o paciente atendido, o home J.C.C., de 37 anos de idade, faleceu no punto.