Aumenta un 59,2% o número de peregrinos que chegou en febreiro

Peregrinos del Camino de Santiago (A Coruña)
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 2 marzo 2015 15:08

Os estranxeiros suman 877 sendo Portugal o maior emisor, mentres que Andalucía se sitúa á cabeza en número de camiñantes españois

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O número de peregrinos que chegou en febreiro a Santiago de Compostela aumentou un 59,2 por cento fronte ao mesmo mes de 2014, ao pasar de 970 a 1.544 persoas, 574 máis. O anterior Ano Santo, que foi en 2010, o número de peregrinos no segundo mes do ano ascendeu 1.640.

   Concretamente, durante o mes de febreiro de 2015, na Oficina de Peregrinacións recibíronse 1.544 peregrinos, dos cales 593 (38,41%) foron mulleres; e 951 (61,59%), homes. A pé chegaron 1.467 (95,01%); en bicicleta, un total de 76 (4,92%), e a cabalo, unha persoa, (o 0,06%).

   Deles, un total de 799 peregrinos eran menores de 30 anos (51,75%); 672, tiñan entre 30 e 60 (43,52%); e 73 superaban os 60 anos (4,73%).

   Ademais, segundo os datos da Oficina do Peregrino, recollidos por Europa Press, a motivación relixiosa foi a que levou a 475 persoas a realizar o Camiño (o 30,76%); a relixiosa-cultural empurrou a 947 persoas (o 61,33%) e unicamente a cultural ao 7,9% dos peregrinos, un total de 122.

PROCEDENCIA

   Do total de peregrinos, españois sumaron 667 (43,20%). O maior número de peregrinos procede das comunidades de Andalucía, con 108 (16,19%); Madrid, con 93 (13,94%); Galicia, con 85 (12,74%); Castilla León, con 75 (11,24%); Cataluña, con 64 (9,60%); Comunidade Valenciana, con 61 (9,15%); Castilla a Mancha, con 48 (7,20%); e Canarias, con 41 (6,15%).

   Os estranxeiros sumaron 877 (56,80%), sendo Portugal o maior emisor de peregrinos, con 233 (26,57%). Séguenlle Corea, con 146 (16,65%); Irlanda, con 80 (9,12%); Alemaña, con 54 (6,16%); Italia, con 49 (5,59%); Estados Unidos, con 43 (4,90%); Brasil, con 26 (2,96%); e China, con 21 (2,39%).

PERFIL DOS PEREGRINOS

   En canto á súa actividade profesional, o grupo máis numeroso é o formado polos estudantes, con 627 (40,61%); empregados, que alcanzaron os 301 (19,49%); liberais, que sumaron con 143 (9,26%); técnicos, que foron 132 (8,55%); profesores, colectivo en que se rexistraron 94 personas(6,09%); funcionarios, 52 (3,37%); xubilados, que sumaron 50 (3,24%); parados, que alcanzaron os 33 (2,14%); obreiros, que sumaron 33 (2,14%); artistas, 22 (1,42%); amas de casa, 19 (1,23%).

   Ademais, contabilizáronse 9 sacerdotes, o 0,58%; oito directivos, o 0,52%; sete agricultores, o 0,45%; seis relixiosas, o 0,39%; cinco mariños, o 0,3%; e tres deportistas, o 0,19%.

LUGAR DE SAÍDA

   A maior parte dos peregrinos chegados neste ano 2015 iniciou o seu camiño en Sarria con 528 (34,20%); Saint Jean P. Port, con 176 (11,40%); O Cebreiro con 96 (6,22%); Valença do Minho, con 68 (4,40%); Tui, con 65 (4,21%); Ponferrada, con 63 (4,08%); e Oporto, con 63 (4,08%).

   Ademais, un total de 52 peregrinos iniciaron a Ruta en Pamplona (o 3,37%); 48 en León (3,11%); 48 en Triacastela, o 3,11%; 29 en Ourense, o 1,88%; e 23 en Ferrol, o 1,49%.

   En canto á Ruta escollida, a maioría dos peregrinos fixérono polo Camiño Francés, ao sumar 1.129 peregrinos (o 73,12%); e polo Camiño Portugués, ao alcanzar os 244 (o 15,80%). Ademais, pola vía da Prata fixeron a súa peregrinación 61 persoas, o 3,95%; e 23, polo Camiño Inglés (o 1,49%).

   Un total de 23 peregrinos utilizaron o Camiño Primitivo (1,49%), mentres que seis o fixeron peregrinaron polo Camiño Muxía-Finisterre (o 0,39%). Dúas persoas fixeron o Camiño de Inverno.