tras encher gasolina nunha cacharela de restos de poda

Un octoxenario resulta ferido moi grave en Vigo ao queimarse

VIGO, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Un octoxenario resultou ferido este xoves en Vigo ao sufrir diversas queimaduras a consecuencia de encher gasolina sobre unha cacharela que acendera para queimar uns restos de poda. O home permanece en estado moi grave.

   Segundo informa a Policía Local a Europa Press, os feitos aconteceron sobre as 13.40 horas no Camiño Panasco --na zona de Ramón Nieto-- cando un home de 83 anos prendeu a cacharela e, posteriormente, botou gasolina, co obxectivo de avivar as lapas.

   As mesmas fontes indican que se produciu unha "explosión" que provocou queimaduras ao ancián nunha perna, parte dun brazo e as costas, polo que tivo que ser trasladado ao Hospital Povisa.

   Fontes hospitalarias explican a Europa Press que o paciente, de iniciais A.D.A., presenta queimaduras "moi profundas" no 40 por cento da superficie corporal e o seu prognóstico é moi grave. O home atópase ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

DANOS

   Por outra banda, a Policía Local tamén informou este xoves dun incidente que provocou danos nun farol da iluminación pública e que aconteceu sobre as 13.00 horas na zona da nova rotonda que une as rúas García Barbón e Rosalía de Castro.

   Nese lugar, unha grúa estaba a descargar entullos dende o tellado dun edificio cando un dos sacos de entullos golpeou unha pedra da fachada do inmoble, do tamaño aproximado dun "balón de baloncesto". Esta pedra caeu cara á rúa e provocou danos no farol, se ben non houbo que lamentar feridos.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.