Un operativo contra o furtivismo en Baiona (Pontevedra) remata coa incautación de 30 quilos de polbo e choco

Pulpo Inmaduro
EP/JUNTADEANDALUCIA
Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 10 febrero 2012 19:44

VIGO 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Autonómica desenvolveron este venres en Baiona (Pontevedra) un operativo que se saldou coa identificación de tres persoas e a incautación de case 30 quilos de polbo e choco ilegal.

Segundo informou a Xunta, os agora identificados foron sorprendidos despois de chegar a porto coa súa embarcación e de separar parte da pesca do día para metela nunha furgoneta, co obxectivo de comercializala fóra das canles legais.

En total, foron comisados tres cestos: un deles con choco, outro con polbo e un terceiro con polbos pequenos de talle antirregulamentaria.

Ademais destes exemplares, os axentes tamén se incautaron da furgoneta na que se transportaba o material e abriron unha acta de infracción por transporte de mercadorías perecedoiras nun vehículo que non conta con autorización para iso.

Contenido patrocinado