Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 16/03/2010 16:00

Os bebés dunha gardaría de Vigo afectados por "intoxicación" ascenden "polo menos a 6", segundo o xulgado

   VIGO, 16 Mar. (EUROPA PRESS) -

   O número de bebés afectados por "intoxicación" na gardaría A Camelia de Vigo elévase "polo menos" a seis, segundo explicaron hoxe fontes xudiciais, que indicaron que o xulgado da cidade olívica que leva a investigación ordenou pechar cautelarmente dúas aulas deste centro privado, situado no barrio de Navia.

   Un total de catro bebés, de cero a dous anos, foron ingresados no Hospital Xeral de Vigo entre a tarde do venres e a mañá do sábado con síntomas de intoxicación --investígase se se lles administrou algún sedante--, presentando síntomas como somnolencia. Ademais deles, ao longo da fin de semana tamén se realizaron probas a outros nenos que acoden ao centro de educación infantil, se ben nestes casos non quedaron hospitalizados.

   Segundo indicaron a Europa Press fontes sanitarias, onte deuse de alta a tres dos catro nenos, e hoxe pola mañá abandonou o hospital o cuarto, estando todos eles en bo estado de saúde. Así, estas mesmas fontes confirmaron que, actualmente, non hai ningún neno hospitalizado por estas intoxicacións.

   Por outra banda, fontes xudiciais explicaron que o Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, de garda cando sucederon os feitos, non tomou polo momento declaración a ningunha persoa, posto que continúa a investigación de policial. Tamén ratificaron que por agora non existe ningún imputado.

   Ademais, no xulgado mantéñense á espera dos resultados das análises que foron enviadas ao Instituto Nacional de Toxicoloxía e explicaron que a dirección da gardaría colaborou ata o momento coa autoridade administrativa e policial de xeito "activa".

PERIGO "controlado"

   Estas mesmas fontes sinalaron que as primeiras medidas tomadas pola xuíza "estiveron encamiñadas a salvagardar a seguridade dos menores" e, por iso, se"clausuraron de forma preventiva dúas aulas" --onte estaba precintada só unha--.

   "O xulgado entende que nestes momentos o perigo está totalmente controlado", destacaron fontes xudiciais, ao tempo que indicaron que "os afectados evolucionan de forma favorable" e que, unha vez garantida a súa seguridade, a autoridade xudicial "encamiñará o seu traballo a depurar responsabilidades".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.