Os detidos por intento de abuso en Pontecesures (Pontevedra) teñen antecedentes, segundo Juárez

El delegado del Gobierno en Galicia, Samuel Juárez
EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 26 agosto 2014 15:54

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ago. (EUROPA PRESS) -

Os detidos polo intento de abuso sexual e detención ilegal dunha menor de 10 anos na localidade pontevedresa de Pontecesures contan con antecedentes, segundo aseverou este martes o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

Non obstante, preguntado polos xornalistas tras un acto en Santiago, Juárez aclarou que estes non gardan relación cos asuntos polos que foron detidos. "Nada relacionado", resolveu, e unicamente apuntou que eses antecedentes son "por outras cuestións".

E, tras apuntar que "ao longo do día de hoxe" pasarán a disposición xudicial, sinalou que a cualificación dos feitos aínda non está "clara".

"Aparentemente, houbo un ataque a unha menor por parte deses dous individuos, pero non temos claro se é un intento de abusos sexuais ou se é algún tipo de intento de secuestro", detallou, antes de sinalar que a cualificación corresponderá á Xustiza.

Os feitos producíronse sobre as 19,00 horas do domingo, cando a menor camiñaba polo seu municipio e foi abordada por dous homes. Os berros da nena, ao verse intimidada, permitiu disuadir os agora arrestados.